Los Grupos Lestonnac son grupos cristianos de participación voluntaria, dentro del ámbito extraescolar, que se ofertan en los centros Educativos de la Compañía de María, desde 4º ó 5º de Educación Primaria hasta Bachillerato. Pretenden, desde el Proyecto Educativo y la Espiritualidad de la Compañía de María, ayudar a los niños, adolescentes y jóvenes a encontrar el sentido de su vida en Jesús y en los valores del Evangelio, ofreciéndoles alternativas que contribuyan al crecimiento de su Fe, la elección de vida y la inserción en la comunidad eclesial y a participar en la sociedad.

El grupo es el principal medio pedagógico para aprender a convivir, a relacionarse, a trabajar en equipo, a proyectar futuro y comprometerse con otros en un servicio común en la sociedad y en la Iglesia, siempre acompañados por unos animadores que facilitan, a través de su testimonio y su saber hacer, que esto sea posible.


martes, 30 de noviembre de 2010

Saímos na prensa

O Faro de Vigo publica unha artigo no seu xornal sobre a Convivencia en Cabo Udra , Cangas , e unha fotografía de grupo . Animádevos , aquí tedes o enlace :

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2010/11/28/multitudinario-encuentro-cabo-udra/495474.html

Votade no cuestionario e lembrade mandarnos fotografías divertidas dese día , poderemos compartilas e comentalas.

domingo, 28 de noviembre de 2010

Felicidades Cangas!!!!!!

Boas tardes a todos !!!! Cansos??? A verdade é que estamos encantados co día de onte en Cabo Udra , poidemos disfrutar de un espazo natural precioso , o tempo respetounos durante case toda a xornada , foi un día para lembrar !!!
Antes de comenzar a relatar a xornada de onte , como non , os nosos agradecementos , gratitude e felicitacións aos monitores de GL de Cangas polo seu enorme esforzo e traballo para que todos poideramos desfrutar dun día inolvidable nesta maravillosa paisaxe, e por suposto a María García , polo seu incansable traballo para esta gran familia que é GL , Gracias por todo.O noso agradecemento tamén a todas aquelas persoas que formaron parte de GL por un día , pola súa colaboración e axuda a Protección Civil e Concello de Bueu.
Pois ben , sobre as 10.30 h da mañá , comenzaron a chegar os autobuses dende Vigo e Cangas , e un pouco máis tarde chegou Santiago , Ferrol , Caranza e Coruña. Este ano , poidemos contar tamén cunha representación maravillosa dasa nosas amigas de Bazar , estamos moi ledas de que pasen a formar parte de Grupos Lestonnac Galicia , esperamos que este sexa o princio de moitos anos xuntos!!!!
Despois dun breve descanso para recuperar forzas e estiralas pernas tras unha longa viaxe para algúns; dividiron os nenos por cursos e comenzamos unha bonita visita guiada polo Cabo Udra , para rematar a mañá na aula de Natureza , onde poidemos aprender as distintas especies que habitan pola zona.
Preto das 15.00h comenzamos a comer e poidemos desfrutar dun pouco tempo libre antes de comenzar cos xogos.
Este ano , os nenos poideron desfrutar dun estupendo xogo de estratexia , para rematar cunha competición multitudinaria do xogo da corda entre os rapaces da Eso.
Mentres uns desfrutaban dos xogos , outros aprendían primeiros auxilios con Protección civil , que nos ofreceu unha serie de consellos e recomendacións en caso de pequenos accidentes.
A xornada , concluiu cun apetecible Magosto para escorrentar o frío!!!!Chegou o momento máis triste , o momento da despedida , entre música e bailes , chegou o momento de subir aos autobuses e voltar para casa .
Pasámolo xenial , todo saiu inmellorable , enhoraboa a todos os monitores de Cangas encargados da organización !!!
Esperamos que pronto poidamos poñer no blog as fotografías!!! sabedes que poidedes enviarnos as vosas fotos ao noso correo , gustaríanos desfrutar dos mellores momentos da Convivencia en Cabo Udra ´10.
Ah , olvidabamos algo , facer un agradecemento especial a todos vós , rapaces e rapazas que facedes posible Grupos Lestonnac Galicia , así como os vosos monitores que vos acompañan durante o curso, polo voso bo comportamento ao longo do día apesares do gran número , 372!!!!

viernes, 26 de noviembre de 2010

Chegou o gan día!!!!

Xa estamos moi preto!!!! Un día máis e todos nos reuniremos en Cabo Udra , Cangas !!!Esperamos que o cambio de data nos supuxera un inconvinte para ninguén , e que todos poderades estar o sábado en Cangas. Lembrade que aínda que a predicción do tempo di que non vai chover , si fará algo de frío , abrigádevos ben !!!! Lembrade tamén a comida e levar roupa cómoda. Vémonos moi pronto , Cabo Udra ahí vamos!!!!

martes, 23 de noviembre de 2010

Novas Convi Cabo Udra

Por fin chegou o día , parece que o mal tempo vainos dar un pouco de tregua , e esta fin de semana , o sábado 27 poderemos reunirnos todos en Cabo Udra !!!!! Esperamos confirmación de todos os coles !!!! Benvidos a Cangas 2010 !!!!

martes, 9 de noviembre de 2010

Novas Convi Cabo Udra

Temos novas dende Cangas sobre a Convivencia deste fin de semana en Cabo Udra , sentimos informarvos que a convivencia queda suspendida debido ao mal tempo que está a facer estos días . Pero non vos preocupedes , os manteremos informados sobre o cambio de data , porque tanto os monitores como os vosos compañeiros do cole de Cangas nos están es`perando , nos desfagades a mochila que pronto estaremos alí.

Sentímolo moito , e ánimo compañeiros de Cangas !!!

lunes, 8 de noviembre de 2010

Xa queda pouco!!!!

Estamos moi preto da primeira convivencia de este novo curso , todo está listo en Cabo Udra agardando a vosa chegada , Dende aquí , queremos dar o noso agradecemento aos monitores que fixeron posible esta convivencia en Cangas , Grazas a todos!!!!.

Desexando que chegue por fin o día sinalado , non vos esquezades de levar roupa e calzado cómodo para aqueles que non tedes o chandal do voso cole , o chuvasquiero tampouco estaría de máis!!! , e as follas da cor que vos foi asignado ao voso cole.

Esperamos de todo corazón que pasemos un día inolvidable en compaña de todos vós.
Vémonos en Cabo Udra 2010 !!!

domingo, 24 de octubre de 2010

Os mozos e mozas de Secundaria do cole de San Amaro tamén se animan a presentarse no noso blog , grazas a tod@s!!!! e seguimos esperando fotografías dos restos dos colexios...


1º ESO San Amaro - Ferrol


2º ESO San Amaro Ferrol



3º e 4º ESO San Amaro Ferrol

Grupos Lestonnac San Amaro - Ferrol

Grazas ao colexio de San Amaro de Ferrol , por enviarnos as fotografías dos seus frupos deste ano , arriba os nenos e nenas de 5º cos seus monitores seguido dos mozos e mozas de 6º Educ. Primaria .



sábado, 16 de octubre de 2010

Moi ben mozos e mozas GL , comenzou un novo curso e con el comenzaron tamén os Grupos Lestonnac . En primeiro lugar damos a benvida aos novos e novas compoñentes de GL Galicia ,monitores e nenos/as , esperamos contar con todos vós ao longo de todo o curso e que vos sintades a gusto con nós .Esperamos ter pronto noticias vosas , se comenzáchedes coas primeiras reunións , cantos sodes no voso grupo , as primeiras impresións , que esperades do grupo ...e por suposto unha foto para que todos nos poidamos ir coñecendo .
Xa sabedes que estamos abertos aos vosos comentarios ou preguntas , buscade un minutiño para colaborar con nós , este é o voso blog , contade con el para poñervos en contacto cos compañeiros de outros coles de Galicia ou para contarnos curiosidades ou o que estades a facer nos vosos coles.
Aínda que non temos confirmación definitiva , xa os podemos adiantar que este ano a Convivencia de principio de curso entre os coles de Galicia vai ser en Cangas!!! no mes de Novembro , polo que dentro de moi pouco nos imos atopar de novo . Dende aqui agradecemos aos monitores de Cangas que nos inviten este ano e o esperamos con impaciencia . Sabemos que albergar unha convivencia é unha tarea complexa e moi traballosa , pero aqui estamos todos para poñer o noso graniño de area , todo o que faga falta por GL!!!!
Gracias e...adiante!!! !!!

jueves, 23 de septiembre de 2010

Comenza un novo curso !!!

Benvidos a tod@s outro curso máis a este voso blog de Grupos Lestonnac Galicia onde todos podedes participar enviando os vosos comentarios ao noso correo gruposlestonnacgalicia@gmail.com , ou nos links comentarios.

Despois de vivir un fascinante Campa 2010 e descansar nas vacacións de verán , xa estamos de novo aqui coas pilas recargadas para comenzar con forza un novo curso. Por suposto , dende aqui , as nosas felicitacións a tod@s aqueles que remataron os seus estudios e que comenzan unha nova etapa lonxe dos nosos centros , para todos eles o noso agradecemento por todos os bos momentos que compartiron con GL , grazas e seguide así .
Pois ben , en breve teremos noticias dos vosos colexios para saber como e cando comenzan os grupos en Ferrol , Coruña , Vigo , Santiago e Cangas.
Esperamos as vosas intervencións moi pronto, BENVIDOS !!!!

miércoles, 30 de junio de 2010

Despois da piscina , é hora de voltar á calma cun taller de interioridade , a dinámica do alfarero , unha dinámica que consiste en amasar barro e aplicar nel os sentimentos que nos dicta o noso corazón , como vedes , hai tallas increíbles , temos verdadeiros artistas , cun corazón moi grande.



Todos os grupos están xa preparados para mostrar a súa actuación , todos traballaron moito para este momento , vestuario , perruquería ...( canto nos costou esos cardados verdade? )







Despois de tanto esforzo , quedamos maravillados coas coreografías de todos os grupos , todos puxeron o mellor de cada un , para rematar un campamento espectacular.O festival rematou cunha discoteca , coctales sen alcohol ( por suposto ) e algo de picar ( chocolate , palomitas...).

domingo, 27 de junio de 2010

O sábado é día de visita a Tui , saliremos temprano e daremos un paseo tranquilo e voltaremos a comer para ir de nnovo á piscina , pero antes tocafacer un pouco de exercicio matutino para abrir o apetito antes de almorzar e deixar todo preparado para a comida , para iso o grupo encargado ten que fregar os platos e pór a mesa.

Un pouco de tempo libre para charla cos amigos e para escribir notas no noso taboleiro, aquí os rapaces poden deixar por escrito os seus sentimentos , emocións ou notas a outros rapaces.


Despois dun anaco camiñando , chegamos á Catedral de Tui , lugar de visita obrigado todos os anos , aída que este nos atopamos cunha sorpresa , xa que as autoridades da cidade estaban recibindo a peregrinos veciños ( Portugal ) con banda de musica galega incluida , co que poidemos disfrutar tamén dun momento agradable.Aproveitamos para sacar a foto de grupo.

Aproveitamos a segunda visita a Tui para facer unhas compriñas , algunhas chuches , regaliños para os nosos amigos ou para a familia como non.



Despois da comida chegará o momento máis esperado do Campa ,o festival no que cada grupo ten preparada unha actuación para os seus compañeiros e monitores , será xenial !!! teredes noticias , e sorpresas!!!! por suposto os monitores intentaremos ter prepara a nosa actuación !!!

Chegamos !!!!

Pois xa estamos tod@s de novo na casa , primeiro temos que pedirvos disculpas , porque a pesar de todos os nosos esforzos por mantervos informados das actividades dos vosos fillos diariamente , foinos imposible , xa sabedes que a veces as novas tecnoloxías xogannos malas pasadas , perdemos a cobertura e non puidemos publicar as informacións no noso blog. Antes de comenzar a lembrar o que pasou o venres , dicirvos que hoxe foi un día inolvidable e moi duro para os vosos fillos, separarse dos seus amigos e deixar atrás toso o vivido en Tui , émoi complicado para eles , un cúmulo de sensación e emociós , que explotaron á hora de marchar nos buses , cada un para o seu destino.
Pois ven , coma sempre despois do almorzo e de facer a ximnasia con Shakira , partimos para facer unha ruta de senderismo polo paseo fluvial do Miño , baixo unha calor penetrante saímos sobre as 11 da mañá.


A ruta foi moi bonita e descorreu con calma e sen sobresaltos , aínda que cada vez máis preto se aproximaba unha tormenta , que ao final non chegou ata nós , polo que poidemos desfrutar de un día estupendo de verán



Volvimos , a verdade , ben cansos , pero había que sacar as forzas de onde fose , e despois dun baño na piscina , puxémonos mans á obra no " tallere da Roja " , onde nos ataviamos para ver o partido da selección española contra Chile !!!!

Unha tras outras chegan as sorpresas , e gracias a colaboración desinteresada do Corral de Comedia , pasamos outra noite do máis divertida , preguntádelles aos vosos fillos , son increíbles.







Como remate a o día ( e non está mal , que xa foron moitas cousas hoxe....)unha oración moi bonita preparada polo cole de San Amaro , que nos guiaba polo noso camiño futuro e os obstáculos que nos podemos encontrar na vida.
Resultou moi ben , xa que como xa vai sendo habitual no Campa , todos deron exemplo do seu bo comportamento e saber estar.
Esto foi todo polo momento , espéranos toda unha noite por diante ( tranquila espero ).Mañá máis .Un bico e boas noites .