Los Grupos Lestonnac son grupos cristianos de participación voluntaria, dentro del ámbito extraescolar, que se ofertan en los centros Educativos de la Compañía de María, desde 4º ó 5º de Educación Primaria hasta Bachillerato. Pretenden, desde el Proyecto Educativo y la Espiritualidad de la Compañía de María, ayudar a los niños, adolescentes y jóvenes a encontrar el sentido de su vida en Jesús y en los valores del Evangelio, ofreciéndoles alternativas que contribuyan al crecimiento de su Fe, la elección de vida y la inserción en la comunidad eclesial y a participar en la sociedad.

El grupo es el principal medio pedagógico para aprender a convivir, a relacionarse, a trabajar en equipo, a proyectar futuro y comprometerse con otros en un servicio común en la sociedad y en la Iglesia, siempre acompañados por unos animadores que facilitan, a través de su testimonio y su saber hacer, que esto sea posible.


viernes, 22 de mayo de 2009

Convivencia en Pedroso GL Ferrol



Boas tardes de novo a todos , cada vez queda menos para que chegue a Convivencia de 5º!Mentres eso ocorre , os nen@s de Ferrol fixemos unha convivencia fin de curso en Pedroso , pasámolo moi ben todos xuntos nun lugar moi fermoso. Antes de que vexades un pouco como foi esta convivencia , queremos agradecer aos mozos de 4º eso de San Amaro pola súa colaboración e axuda neste día, pois axudaron na posta en xogo das distintas actividades e xogos .
Grazas por demostrarnos que se pode confiar en vós.
Pois ben , as 10.30 collemos o tren cara a área Recreativa de Pedroso, para disfrutar dun día innolvidable, aínda que curto foi intenso , xa que voltamos sobre as 16.15h.Aqui tedes en imaxes un pouquiño do que foi o noso día :

Na estación antes de saír , 5º , 6º e a Eso de Caranza




Preciosa ruta a pé ata Pedroso dende o apeadeiro do tren


Descansamos antes de comenzar cos xogos










Hora de comer..... Felicidades Aida.....



Oración sobre a amizade e volta a coller o tren

































































































































jueves, 14 de mayo de 2009

Convivencia Pedroso

Boas tardes a tod@s membros de esta gran familia que é GL. Como vai a recta final do curso? Mentres esperamos o remate deste curso , e a piques de embarcarnos na Convivencia de 5º , os nenos e nenas de GL de Ferrol ( os coles de Caranza e San Amaro ) , van tomar un descanso no camiño facendo unha pequena convivencia na área recreativa de Pedroso o vindeiro día 22 de Maio . Viaxarán en tren ata Pedroso para logo ir camiñando ata a Capilla da O , seguirán ata área recreativa onde disfrutarán o resto da mañá amenizada por xogos e unha comida ao aire libre. speramos ver fotos dese Convivencia!

miércoles, 6 de mayo de 2009

Xa están aquí as datas das convivencias e do campamento

O que tod@s estabades agardando...., xa temos as datas das convivencias de 5º e 6º e as do Campamento ´09:
  • Convivencia de 5º : 29 , 30 e 31 de Maio
  • Convivencia de 6º : 5, 6 e 7 de Xuño
  • Campa ´09 : do 23 de Xuño ao 27 de Xuño

Os que xa fúchedes algunha vez as convivencias sabedes que a casa de Tui ten un límite de camas , polo que porfavor reservade a vosa plaza dentro das datas que se vos indica para logo non ter ningún problemiña ...de acordo?

  • Para a convivencia de 5º entregar a reserva de praza antes do dia 13 de Maio.
  • Para a convivencia de 6º entregar antes do día 20 de Maio
  • Para o Campa ´09 entregar antes do día 5 de Xuño.

Porfavor para que todo resulte máis sinxelo entregade as reservas aos vosos moCando esteades preparando a vosa mochila non esquezades meter ...

  • gorro ou sombreiro
  • saco de durmir
  • utensilios de aseo
  • chanclas
  • roupa e calzado cómodo
  • toalla de baño e de praia ( 6º e campa probablemente )
  • tarxeta sanitaria
  • dni
  • 10 euros como máximo para gastar

O tema central deste ano , e a través do cal van xirar as actividades e xogos de este ano será a Astronomía.

Lembrade que os obxectivos destas convivencias son descansar , medrar como persoas,coñecernos mellor , reflexionar xuntos, disfrutar da natureza, descubrir a Xesús ..e sobre todo ....pasalo moi ben !!! pensa en isto .

martes, 21 de abril de 2009

Semana Santa Ferrolana

Pois ben , unha vez máis parece que non estades moi colaboradores coas fotos , pero seguirémolo intentando ; de momento deixamos estas fotos da Semana Santa Ferrolana , da que estamos tan orgullosos. Espero que as disfrutedes tanto coma nós.











Esperamos que vos gustaran estas fotos , e xa sabedes que si queredes que poñamos algunhas das fotos da Semana Santa da vosa cidade só tedes que envialas e nós ocuparémonos de facerllas chegar a todos os compoñentes dos GL de Galicia.







































































sábado, 11 de abril de 2009

Semana Santa

Pois ben , a Semana Santa está chegando ao seu fin , se queredes compartir algunha foto da Semana Santa do vosa cidade con nós , será benvida , animádevos (por certo , aínda nos enviáchedes ningunha foto da convivencia de Santiago). Gustaríame dar as grazas a tod@s os que participades nas nosas encuestas semanais , grazas polo voso apoio e interese , por certo , esta semana foi elexida mellor consola a Wii con 7 votos , un máis que a play 3 !.

domingo, 22 de marzo de 2009

Máis fotos....


























A primavera xa chegou ...

Coa chegada da primavera e o bo tempo , chegan novas fotos que nos envía o colexio de Santiago , sinto non habelas publicado antes , pero xa se sabe ...., máis vale tarde que nunca!!!!!aproveito para lembrarvos que estamos esperando as vosas fotos , se queredes que as publiquemos!!!animádevos . Tamén damos as grazas a tod@s aqueles amig@s que estades colaborando neste blogg coas vosas votacións , ah ! xa sabedes que gañou por goleada La Oreja de Van Gohg como mellor grupo nacional , e Amaia Montero como mellor solista !!!

martes, 3 de marzo de 2009

E chegou o gran día ....


Chegou o día máis esperado por todos , a cita era ás 11 horas, todos puntuais , algúns con algún problemiña ( mala sorte para Vigo ), pero por fin nos xuntamos todos en Santiago. Antes de nada , gustaríanos darlle as grazas as monitoras de Santiago , Angela , Mabela e Manuela , polo seu esforzo , sabemos que organizar unha convivencia é un traballo duro , pero vale a pena.
Todo resultou ben , é dificil contar neste blog o vivido por todos , e como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tedes algúns dos mellores momentos do día:


Todos ao salón para ver os power que preparon os coles


Visita á Igrexa de San Martiño Pinario




Catedral de Santiago




Fonte das Praterías


Paseo pola Alameda


No cole de Santiago despois de xantar





Tempo libre para facer novas amizade


Disfrutamos das instalacións do cole

En poucas palabras , drisfrutamos da compañia
Lembrade que si ueredes poñer algunha foto o poñervos en contacto cos teu amigos , escribenos a esta dirección : gruposlestonnacgalicia@gmail.org.





miércoles, 25 de febrero de 2009

Xa queda menos....

Bos días a tod@s ! Que tal o pasáchedes nestas vacacións de entroido ? Esperamos que disfrutarades destos días de festa, porque... a festa continúa ...!!! xa queda menos para reunirnos todos en Santiago , espero que teñades tantas gañas como nós de reunirnos , pasarémolo moi ben !!!

martes, 17 de febrero de 2009

Encontro GL Galicia Santiago 28 Febreiro 2009

Boa tarde a tod@s de novo , chégannos noticias de Santiago para o día da convivencia ; a chegada está prevista entre as 11.00h e as 11.30 h , a cada autobús o estará esperando dúas monitoras de Santiago para que vaiades ben acompañados , a continuación farase a acollida no salón de actos onde veremos os power que preparou cada cole sobre o Camiño de Santiago.
Sobre as 12.30 faremos unha ruta por Santiago vendo os monumentos máis destacados da cidade, ata as 14.30 h que poderemos xantar!! e disfrutar dunha hora de tempo libre.
Ás 15.30h téñennos preparados unha sorpresa!! poderedes participar nunha gran gymkana!!
Ás 17.30 h chega o momento da despedida , voltaremos ao salón de actos para despedirnos ohhhh , unha pena , pero o día chegará o seu remate ...

sábado, 14 de febrero de 2009

Feliz día de San Valentín



Moi bo día de San Valentín a todos os compoñentes de GL Galicia . Xa queda menos para que nos reunamos en Santiago. As monitoras de Santiago aínda non confirmaron a este blog a data , pero creemos que será o vindeiro día 28 de Febreiro. Esperamos vervos pronto e descubrir os misterios que esconde a cidade de Santiago.

domingo, 1 de febrero de 2009

Esperámosvos pronto en Santiago

Amig@s de GL , chégannos noticias de Santiago , tanto as súas monitoras como @s nen@s de GL Santiago , están desexando encontrarse con tod@s nós moi pronto ,esperan que o pasemos xenial na convivencia , que coñezamos xente nova , manteñamos as amizades de anos anteriores e non as olvidemos nunca. Envíannos esta foto do seu cole !!!

miércoles, 28 de enero de 2009

CONVIVENCIA SANTIAGO

Grupos Lestonnac de Galicia sente comunicarvos que a Convivencia a Santiago prevista para o sábado 31 de xaneiro quedará aprazada para outro sábado do mes de febreiro.
O motivo é debido á previsión metereolóxica para este fin de semana.
Sentímolo, xa que sabemos que estábades todos expectantes.
En canto teñamos a nova data, publicarémolo.

domingo, 18 de enero de 2009

Un ano máis !!!














Benvidos de novo amig@s de GL. Estreamos un novo ano , e como xa supoño que saberedes , comenzamos cunha convivencia , e este ano o lugar que nos acollerá será ... SANTIAGO !! Pois sí , este ano teremos o pracer de visitar a capital da nosa comunidade. O día de tal acontecemento será o vindeiro 31 de Xaneiro , o cal , esperamos contar coa vosa presencia , porque sen todos vós esto non sería posible. Grazas por adiantado aos nosos compañeir@s de Santiago polo seu traballo e esforzo para que esto sexa posible.


Aínda que tardamos un pouco en poñernos ao día , xa estamos abertos a que nos enviedes as vosas fotos de Grupos para que todos poidamos coñecernos un pouco mellor , e por suposto o noso correo esta aberto tamén a todo tipo de suxerencias.

Nestos próximos días irémosvos contando un pouco máis sobre a convivencia do 31 e algunha información sobre a cidade que imos visitar , que un pouco de historia non nos vai facer mal!

Polo momento aquí vos dexo unhas bonitas fotos da cidade.














Añadir imagen