Moi ben, xa está todo preparado para poder desfrutar desta primeira convivencia dos nenos de GL Galicia de 5º. Esperamos que todos esteades tan ilusionados coma nós porque chegue por fin o gran día !
O tema principal sobre o que vai xirar este ano as convivencias e o campamento leva por título ABRINDO CAMIÑOS . As actividades , talleres e xogos van relacionados co tema da Interculturalidade e o Camiño de Santiago, aproveitando o Ano Xacobeo.
Como é a vosa primeira convivencia con nós en Tui , ímosvos contar algunha cousiña que deixe os pais/nais tranquilas e despreocupadas .
- Haberá 11 monitores ao coidado dos vosos fillos
- unha monitora será a encargada de coordinar xunto cos demais compañeiros as actividades do fin de semana.
- 2 monitores vixían estarán pendentes de que descansen pola noite.
- Ben alimentados polas cociñeiras do colexio dos Maristas , almorzo , comida ( 1º , 2º e postre ) merenda e cea .
- en ningún momento os nenos permanecerán sen ningún tipo de vixianza, sempre haberá monitores con eles.
-cada monitor ten ao seu cargo un grupo de nenos ( 9 ou 10 ), os nenos terán así unha figura referente para calqueira cousa.
- por cada cole van polo menos 2 monitores , para que os nenos se sintan en todo momento identificados , estean tranquilos e poidan desfrutar deste fin de semana.
Como vedes nunca se sintirán sós , xa que estarán acompañados tamen por 73 nenos e nenas da súa idade de distintos coles de Galicia cos que vivirán novas emocións.
Farase un recollida diaria para que os pais poden facerse unha idea do que está acontecendo en Tui , seguir as actividades e ver como disfrutan os fosos fillos.
Se tedes algunha consulta , podedes dirixirvos a nós e trataremos de contestar o antes posible.
Antes de deixar aos vosos fillos ao noso cargo , si vos pedimos unha cousa , o tema das videoconsolas . Pregariamosvos , que non deixárades que as levaran por motivos obvios .
No hay comentarios:
Publicar un comentario