Los Grupos Lestonnac son grupos cristianos de participación voluntaria, dentro del ámbito extraescolar, que se ofertan en los centros Educativos de la Compañía de María, desde 4º ó 5º de Educación Primaria hasta Bachillerato. Pretenden, desde el Proyecto Educativo y la Espiritualidad de la Compañía de María, ayudar a los niños, adolescentes y jóvenes a encontrar el sentido de su vida en Jesús y en los valores del Evangelio, ofreciéndoles alternativas que contribuyan al crecimiento de su Fe, la elección de vida y la inserción en la comunidad eclesial y a participar en la sociedad.

El grupo es el principal medio pedagógico para aprender a convivir, a relacionarse, a trabajar en equipo, a proyectar futuro y comprometerse con otros en un servicio común en la sociedad y en la Iglesia, siempre acompañados por unos animadores que facilitan, a través de su testimonio y su saber hacer, que esto sea posible.


jueves, 26 de octubre de 2017

Nos reuniremos todos neste precioso Teatro



                                  TEATRO JOFRE

         Contra o século XVIII Ferrol contaba co teatro do italiano Nicolás Settaro, onde se representaban funcións dramáticas, líricas e bailes. Este teatro foi destruído por un incendio, o que fixo que a cidade perdera o único teatro digno existente.
         En 1862, un grupo de ferroláns comezaron a construción do novo teatro. Os arquitectos Faustino Domínguez Domínguez e o seu fillo Faustino Domínguez Coumes-Gay, foron os autores do primeiro proxecto e do edificio final, respectivamente. A pesar de que os beneficios da empresa serían para o Hospital de Caridade, o que tiña que facilitar a construción, as obras non rematarían de non ser polo apoio do ferrolán Joaquín Jofre Maristany,A importancia da súa persoa na construción do teatro fixo que se lle dese o seu nome. Trinta anos despois de comezadas as obras, o 19 de maio de 1892 o teatro foi inaugurado coa representación de El alcalde de Zalamea, de Calderón de la Barca.
         En 1908 incorporou á súa programación proxeccións cinematográficas. En 1919 o teatro pasou á empresa Fraga, que encargou ao arquitecto Rodolfo Ucha a creación dunha nova fachada, engadindo un pórtico. O 4 de decembro de 1935 acolleu un mitin organizado pola Confederación Rexional Galaica da CNT no que participaron Federica MontsenyJaime Baella e Claro José Sendón.
A finais do século XX o teatro Jofre pechou as súas portas tras anos de decadencia da actividade e do edificio. Finalmente foi comprado polo Concello de Ferrol, que decidiu rehabilitalo, sobre todo polo impulso do entón Concelleiro de Cultura e anteriormente Deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993), Director Xeral de Cultura no goberno do socialista Fernando González Laxe e deputado no Congreso, Bonifacio Borreiros. O encargado deste proxecto foi Rafael Baltar, finado en 2002, que actuou especialmente nos accesos ao edificio e na fachada sur, ademais de crear unha galería con miradoiro. Tamén foi reformado o interior para darlle máis luz e espazo escénico.[1] Tras as obras foi reinaugurado en 2006.
Entre xullo e agosto do 2011 o Jofre foi pechado polo Concello de Ferrol para levar a cabo a instalación dun novo pano devasa en substitución do antigo, que caera accidentalmente en marzo durante a montaxe dunha obra teatral. O teatro reabriuse o 30 de agosto do 2011 con motivo do Concurso Internacional de Gaita Constantino Bellón

No hay comentarios: