Moi boas tardes a tod@s dende Tui ,
xa sei que imos un pouquiño retrasados
en canto a noticias, pero andivemos
un pouco liados no Campa , pero hoxe
intentaremos poñervos ao día .
Comenzamos , pois ben , a chegada
como todos sabedes estaba prevista
para as 19.00h ,rencontros
con vellos amigos , presentacións ,
reparto de habitacións , de monitores ,
grupos...
Coñecemos novos amigos facendo
xogos de presentación en pequeno grupo.
Compartimos experienzas e coñecemos
un pouco aos novos compañeiros.
Despois de cenar , unha gran sorpresa ,
é a noite de San Xoán,unha noite chea
de tradicións , maxia , conxuros , desexos,
e xuntos ao redor do lume compatimos
a nosa primeira noite.
moi especial recitando
un conxuro da noite de San Xoán ,
para continuar facendoa xa coñecida
auga de san xoán , onde a bruxa mesturou
todos os seus ingredientes , pétalos de rosas,
romero , e outras flores e herbas .
Para rematar @s moz@ como manda a tradición ,
escibiron os seus desexos e os qeimaron na fogueira.
Como punto e final a esta noite tan especial ,
e despois de len un conto sobre o duende
dos treboles de 4 follas , todos os nenos ,
poideron buscar e atopar o seu trébol da sorte.