Boas tardes de novo , pois aqui seguimos ,
Pola noite , SORPRESA !o grupo de Teatro
da profe Rosalía tennos preparada unha divertida
velada chea de xogos .
Como vedes , todos perden a vergoña,
estatuas ,mímica , todo ten cabida
na imaxinación dos nosos compañeiros.
Como vedes , os monitores levaron
a mellor parte ! ... e se somos os peores
bueno e que !....
Pola noite chega o momento das despedidas ,
uns dos momentos tristes da velada.
Os mozos de 4º se despiden do seu derradeiro
campamento con nós.
É un momento especialmente delicado
e emotivo para todos.
Os mozos son agasallados entre
sorrisas e lágrimas.
Para todos eles , dende Tui as
grazas por deixarnos desfrutar
e aprender xunto a eles , e compartir
o seu tempo con todos nós.