Comenzamos o curso
2009-2010 con novas ilusións e espectativas. Esperamos que
tod@s @s compoñentes de GL pasarades un bo verán e volvades coas pilas cargadas , dispostos a mostrar o mellor de cada un , nesta grande familia que é
GRUPOS LESTONNAC.Antes de nada , queriamos dar as grazas a todas aquelas persoas que colaboraron con nós participando neste blog , aqueles que amosaron interese por respostar as nosas encostas , así como as que confiaron neste blog para preguntar ou consultar . Tamén hai un pequeno lugar para lembrarlle a todas aquelas persoas que está prohibido colgar fotos das convivencias e dos campamentos que se vos deron nun cd , xa que son de uso persoal , dádevos conta que estades colgando fotos sen permiso algún , e eso pode traer consecuencias e para esto tedes o noso blog .
Pois ben , xa comenzou o novo curso , con novas incorporacións , novos monitores , nov@s compoñentes de GL ... todo disposto para empezar de novo , para seguir na búsqueda dos nosos obxectivos, pero antes imos lembrar algunhas cuestións importantes : - ¿ Que son os Grupos Lestonnac ?
Pois ben , a Compañía de María establece esta Grupos Lestonnac como canle para que @s alumn@s poidan ter uns espazos especiais para medrar como persoas e profundizar na fé . - ¿ Que pretendemos ? Este grupo de monitores pretende acompañar @s alumn@s dende 5º E.P ata 4º da E.S.O no seu proceso de maduración persoal ao longo dos anos que permanezan no noso colexio. Pretendemos motivalos para que adquiran un compromiso coa nosa sociedade , coñecernos como amigos e compañeiros , aprender a compartir , colaborar intercambiar ideas e problemas , seguindo o camiño que Xesús nos propón e os seus valores , que son os de tod@s .
- ¿ Como o facemos ? A través de reunións semanais ou quincenais , coa nosa participación en diversas campañas de solidariedade , facendo convivencias con outros grupos do colexio e outros colexios da Compañía de María , Santiago , Vigo , Cangas , Ferrol e Caranza , e para afianzar todo o aprendido , os campamentos de verán.