Benvidos a un novo curso !!! Xa estamos de volta , con novas ilusións , novos retos e coma non novos compoñentes de GL Galicia !!!!!!!!!! Dende aquí , queremos dar unha forte aperta a todos aqueles que con moita dor e pena deixaron de pertencer a esta gran familia da Compañía de María que é Grupos Lestonnac , pero que saiban que aínda que non estean fisicamente con nós , sempre os levaremos no noso corazón .
Pois ben , un ano máis , estamos con todos vós , esperando que en breves días comencen a chegar as fotografías dos vosos grupos para irvos coñecendo , animádevos e mandádenos as vosas fotos que serán colgadas no blog para que todos poidamos ir coñecendo ás novas incorporacións e tamén volver a ver caras coñecidas doutros anos .
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada