Somos as novas redactoras do blog durante o Campa `08
Durante estes días ímosvos contar todo o que nos acontece.
Comezaremos polo mércores. Neste día a chegada ó campa, acompañados pola "inolvidable" canción de Agus (a lechuza). Seguiu cun momento de gran tensión: a repartición das habitacións.
A continuación chegaron as presetacións con pequenos xogos para coñecernos mellor.
Despois de instalarnos nas cómodas habitacións fomos cear. A típoca cea do primeiro día: macarróns e peixe con ensalada. E por último ESPAÑA!!!! coa promesa de ver o partido ó día seguinte fixemos unhas actividades de preparación previa, a cargo de Oscar, Álvaro, Silvia e María de Vigo, baixo o lema de "podemos" ; xogamos ó karaoke, contestamos preguntas (os que máis e os que menos) bailamos enchemos o chan de barquiños de papel (feitos con antios horarios, eh Oscar!!!!) e o máis importante FIXEMOS REBUMBIO E PASÁMOLO BEN!!
A noite... sen comentario... en fin... charlas, broncas... sinxelamente de todo menos durmir, ¡ nin nos, nin os monitores!
Hoxe, xoves pola mañá, espertamos baixo a música de Marta Sánchez. Tivemos un anaco de tempo para arranxar os dormitorios e logo, unha eterna espera polas duchas. E seguiu A XIMNAXIA MATUTINA!!!! Antes do almorzo!!! EStábamos todos durmidos menos Virginia, que saltaba e brincaba coma ninguén una enerxía envexable. E seguiu como unha canción dos Lunnis (como non de Agus e María) que nos ensinaron a bailala. Despois viu o almorzo, quentiño, que espabilounos a todos. E agora, tempo libre e limpeza....
CONTINUARÁ
Belén, Alicia e Candela (Vigo)
Lucía (Ferrol)
Noelia (Cangas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario